09/05/13

Como incluso as mañás ociosas non dan moito de si

Vou facer unha incursión máis pola internet, aínda que son consciente de que por hoxe tiven vida virtual dabondo, só interrompida hai un pouco por unha paisana que timbrou á porta. Queríame ofrecer algo dalgunha compañía de telecomunicacións, que seica xa tiña a xente toda do edificio... Algo falou de que lle dixeran que timbrase aquí tamén. A verdade é que non lle fixen moito caso, porque me saltou o chip "coidado, quérenche vender algo"
e a continuación
"desconecta e dille chao".
Así que sen saber moi ben o miolo do asunto, comenteille que estaba de aluguer e non sabía por canto tempo. Ela entendeu que me vou mudar:
"Sólo es para residentes"— dixo. E despedímonos.
Non sei se pasou medo, a probe, tan guapina como viña. Atopouse cunha persoa cos cabelos sen achandar, en bata e só calzada con calcetíns deszapatillados por riba do chándal ... ;-)