17/10/13
Á procura dun traballo
Cando es unha persoa descoñecida nun lugar novo, éche moi complicado encontrar traballo... aínda sendo "do que sexa"...
15/07/13
Olla Noreña
Estamos a 15 de xullo: nin conta atrás constante nin fuxida cara a adiante. Vive o presente do aquí e agora. Mira a través dos teus propios ollos sempre que poidas. Recorda: o sorriso é de balde.
09/07/13
desnortad@s
|
O territorio físico
| ||||||||||
05/07/13
04/07/13
02/07/13
Arrosendos Arrecendos
|
A viaxe olfactiva
|
|
|
As flores dos toxos de Tremuso
arrosenden a coco
En Teixeiro ole a pan, o bioetanol
E o seme dos castiñeiros
que voa en bandadas na primavera
recórdame ás betuláceas e a Alergical crema
Hai olor a resina nas gasolineiras
onde o coche dos pinos para...
...para botarlle euros de gasoil
En Tox- Vichapedre , a tóxico
E os prados de aló atrás ulían a
ghasarol, ou sexa, a sulfato de cobre.
Devezo pola caloriña que me
emprestas...
Ás veces os teus bicos ólenme
saborosos e quero que me apertes.
|
|
18/06/13
Seit sechs Monaten hier. Die Zeit vergeht!
Xa estamos máis que a mediados de xuño... Os veráns son bos para traballar se pasaches o inverno no paro; se non é así igual aforraches para descansar e deixar que o mar che renove as enerxías.
De todos os xeitos non se pode estar qued@s: algo hai que procurar facer. Sen présa e con pequenas pausas para coller folgos. Para quen queira espilir a mente, velaquí van uns xogos. Agardo que vos gusten.
09/05/13
Como incluso as mañás ociosas non dan moito de si
Vou facer unha incursión máis pola internet, aínda que son consciente de que por hoxe tiven vida virtual dabondo, só interrompida hai un pouco por unha paisana que timbrou á porta.
Queríame ofrecer algo dalgunha compañía de telecomunicacións, que seica xa tiña a xente toda do edificio... Algo falou de que lle dixeran que timbrase aquí tamén.
A verdade é que non lle fixen moito caso, porque me saltou o chip "coidado, quérenche vender algo" e a continuación "desconecta e dille chao".
Así que sen saber moi ben o miolo do asunto, comenteille que estaba de aluguer e non sabía por canto tempo. Ela entendeu que me vou mudar: "Sólo es para residentes"— dixo. E despedímonos.
Non sei se pasou medo, a probe, tan guapina como viña. Atopouse cunha persoa cos cabelos sen achandar, en bata e só calzada con calcetíns deszapatillados por riba do chándal ... ;-)
24/04/13
A bisavoa
O meu soño é vender móbiles. Sempre quixen traballar para Vodafone, xa dende pequeniña. É vocacional, sempre o souben.
04/04/13
27/03/13
E mira que me atrae a astrofísica, o espazo-tempo e a teoría de cordas!
Onte á noite vin Redes… e non me gustou nada.
Por que van buscar expertos (con -o) a Oxford habéndoos/as máis preto?
Por que non me deixan escoitar a propia voz do tal Pedro Ferreira ao que entrevistan? -aínda que se chame Ferreira e porén fale en inglés...
Estes programas tiñan que darnos a oportunidade de accedermos á voz orixinal... sen outras voces tradutoras que a tapen. Se queren, que poñan subtítulos!
24/03/13
19/03/13
Quérennos na casa...
Economía mergullada e invisibilizada. Gústame como o explica a economista Astrid Agenjo Calderón.
Por outra banda, indo pola rúa vin este póster:
debaixo poñía www.pce.es e www.juventudes.org
debaixo poñía www.pce.es e www.juventudes.org
17/02/13
xana
04/02/13
31/01/13
Sons indescifrabéis
O son tiña que vir do 3º ou do 4º ... semellaba que deixaba de chorar ao lle meter a teta na boca.
Non podía ser gato. Xxxxüiüii! de escoitaren unha nana sería a proba irrefutábel...
29/01/13
09/01/13
Insomnio
29.12.2012
Normalmente durmo moi ben... mais hoxe estou esperta desde as tres da mañá. Hora indeterminada –por non mirar o reloxo– da alborada; serán as seis.
Estaba desvelada e entretívenme a debuxar... porque ás veces figúranseme imaxes nas cousas: como as fadas nas follas da laranxeira que se ven a través da xanela coas contras abertas antes de quedar a durmir.
Púxenme a descubrir un escribán na bolsa do Ikea de enriba do roupeiro. Tamén está o pantalón do andel dos libros coa forma de debuxo animado tipo Barrio Sésamo. E, para rematar, o golfiño de entre as engurras dunha toalla pousada no chan para lavar.
Pois púxenme a debuxar coma quen pinta a forma das nubes... e cheguei á conclusión de que necesito unhas cantas clases porque o golfiño semella un paxaro e as tres tentativas tornáronse en 3 escribáns diferentes. O debuxo animado xa nin o intentei, pois non o acabo de perfilar ben no maxín.
De sempre, as pedras da paisaxe amósanme figuras (de se levantar o xigante da Silvosa alá iría o monte enteiro).

Subscrever:
Mensagens (Atom)