09/07/13

desnortad@s




O territorio físico

Outra persoa
      neutralizada
             no baúl dos virus


DESLOCALIZANDO …
Pode Estar Tranquilo
E DESORIENTANDO...
O Capitalismo
...xente xa sen Norte
nin Sur... nin sorte



desde as marxes 
    non temos poder 
                          operativo?                                       















05/07/13

04/07/13

Ric@ pero honrad@

PARADOXO

02/07/13

Arrosendos Arrecendos



A viaxe olfactiva


As flores dos toxos de Tremuso
arrosenden a coco

En Teixeiro ole a pan, o  bioetanol
E o seme dos castiñeiros
que voa en bandadas na primavera
recórdame ás betuláceas e a Alergical crema

Hai olor a resina nas gasolineiras
onde o coche dos pinos para...
...para botarlle euros de gasoil

En Tox- Vichapedre , a tóxico
E os prados de aló atrás ulían a ghasarol, ou sexa, a sulfato de cobre.

Devezo pola caloriña que me emprestas...
Ás veces os teus bicos ólenme saborosos e quero que me apertes. 







Triste sinal

Considérome de aldea e confundo as xestas cos codesos

18/06/13

Seit sechs Monaten hier. Die Zeit vergeht!

Xa estamos máis que a mediados de xuño... Os veráns son bos para traballar se pasaches o inverno no paro; se non é así igual aforraches para descansar e deixar que o mar che renove as enerxías. De todos os xeitos non se pode estar qued@s: algo hai que procurar facer. Sen présa e con pequenas pausas para coller folgos. Para quen queira espilir a mente, velaquí van uns xogos. Agardo que vos gusten.

09/05/13

Como incluso as mañás ociosas non dan moito de si

Vou facer unha incursión máis pola internet, aínda que son consciente de que por hoxe tiven vida virtual dabondo, só interrompida hai un pouco por unha paisana que timbrou á porta. Queríame ofrecer algo dalgunha compañía de telecomunicacións, que seica xa tiña a xente toda do edificio... Algo falou de que lle dixeran que timbrase aquí tamén. A verdade é que non lle fixen moito caso, porque me saltou o chip "coidado, quérenche vender algo"
e a continuación
"desconecta e dille chao".
Así que sen saber moi ben o miolo do asunto, comenteille que estaba de aluguer e non sabía por canto tempo. Ela entendeu que me vou mudar:
"Sólo es para residentes"— dixo. E despedímonos.
Non sei se pasou medo, a probe, tan guapina como viña. Atopouse cunha persoa cos cabelos sen achandar, en bata e só calzada con calcetíns deszapatillados por riba do chándal ... ;-)

24/04/13

A bisavoa

O meu soño é vender móbiles. Sempre quixen traballar para Vodafone, xa dende pequeniña. É vocacional, sempre o souben.

17 de maio

Galiza, ho, esperta!: déixate guiar pola lúa, compañeira do sol– que quence a terra...

27/03/13

E mira que me atrae a astrofísica, o espazo-tempo e a teoría de cordas!

Onte á noite vin Redes… e non me gustou nada. Por que van buscar expertos (con -o) a Oxford habéndoos/as máis preto? Por que non me deixan escoitar a propia voz do tal Pedro Ferreira ao que entrevistan? -aínda que se chame Ferreira e porén fale en inglés... Estes programas tiñan que darnos a oportunidade de accedermos á voz orixinal... sen outras voces tradutoras que a tapen. Se queren, que poñan subtítulos!

19/03/13

Quérennos na casa...

Economía mergullada e invisibilizada. Gústame como o explica a economista Astrid Agenjo Calderón. Por outra banda, indo pola rúa vin este póster: debaixo poñía www.pce.es e www.juventudes.org

17/02/13

xana

Xana ou Fada coa que me encontrei esta "finde" de paseo polo monte. Para non vela só eu, no cadriño da dereita remarqueille a figura...

04/02/13

Revolución

Imaxe plurisignificativa

Contra a violencia machista e a prol do amor

31/01/13

Discreción

Non fora quen de lle pór cara...
Schüchternheit... vielleicht

Sons indescifrabéis

O son tiña que vir do 3º ou do 4º ... semellaba que deixaba de chorar ao lle meter a teta na boca. Non podía ser gato. Xxxxüiüii! de escoitaren unha nana sería a proba irrefutábel...

29/01/13

Buxo

É un buxo BUXUS SEMPERVIRENS

09/01/13

Insomnio

29.12.2012
Normalmente durmo moi ben... mais hoxe estou esperta desde as tres da mañá. Hora indeterminada –por non mirar o reloxo– da alborada; serán as seis.

Estaba desvelada e entretívenme a debuxar... porque ás veces figúranseme imaxes nas cousas: como as fadas nas follas da laranxeira que se ven a través da xanela coas contras abertas antes de quedar a durmir.
Púxenme a descubrir un escribán na bolsa do Ikea de enriba do roupeiro. Tamén está o pantalón do andel dos libros coa forma de debuxo animado tipo Barrio Sésamo. E, para rematar, o golfiño de entre as engurras dunha toalla pousada no chan para lavar.

Pois púxenme a debuxar coma quen pinta a forma das nubes... e cheguei á conclusión de que necesito unhas cantas clases porque o golfiño semella un paxaro e as tres tentativas tornáronse en 3 escribáns diferentes.
O debuxo animado xa nin o intentei, pois non o acabo de perfilar ben no maxín.
De sempre, as pedras da paisaxe amósanme figuras (de se levantar o xigante da Silvosa alá iría o monte enteiro).

28/10/12

Política e Felicidade

O que puido ter chovido...

Puf! Como pasa o tempo de rápido: son unha persoa enleada non sei con que cousas; en cada silva do camiño préndome [na urbe ten sentido metafórico: outro xeito de entendelo non sería posible]. Hai xente que di "que vella/o vou"... "e que pouco me queixo" -engade algunha. Pola contra, eu son pouco consciente da miña idade, vivo cansa nunha xuventude permanente por imperativo dos tempos grazas á inestabilidade laboral e económica; á deslocalización humana que carga caracolescamente coa-casa-ao-lombo-en-mudanzas-imposibles E así é que, a cada paso, proliferan lombos chepudos de olladas que tocan o chan e mancan os cotelos coa grava dos camiños. Hoxe a vida é unha adaptación constante... e, porén, todo semella estanco para non mudar. Cada vez máis xente pasa frío á intemperie dos caixeiros mentres a dereita gaña as eleccións.

02/08/12

Canículas de agosto e Xogos Olímpicos 2012

O desarranxo intestinal terá que ver cos cambios de temperatura destes días, supoño. Aínda que non teña nada de interesante, díxeno igualmente. Cambiando de asunto, o outro día vin a inauguración dos Xogos Olímpicos 2012 no salón coa miña avoa; ela dicíame "hai tantas cabezas coma areas no areal" e tiña razón. Tamén comentou que había "máis homes ca mulleres" e que "cada país tiña seu traxe" e como farían para, entre tanta xente como alí había, non repetir modelo.

06/07/12

O Paro

Hoxe o meu amigo Braulio comentoume, coma sempre, algo interesante: "O paro, sabes a quen beneficia? Beneficia ao CAPITAL. Por que? Porque a xente traballa máis horas por menos diñeiro por medo ao despedimento." Tamén me comentou que a principios do XX se reducira a xornada laboral en todos os lugares a 40 horas semanais, pero que chegou un momento que o tal CAPITAL dixo "Ata aquí" e entón agora volve falarse de máis horas e de xubilacións a idades maiores (mentres o paro xuvenil aumenta)e neste punto da historia xa me perdo e nada me ten sentido.

10/06/12

Sigo coas músicas

Estamos a 40 de maio e pasei frío estes días: hoxe tamén. Tiven a crise dunha indecisión no "ecuador da vida"... Se lese a letra pequena evitaba algunhas bagullas e o contaxio desa tristura a unha das persoas que máis quero: grazas polo teu apoio, o teu ombreiro e os abrazos que me dás. Unha tal Jacinta gravou en Cataluña o EP titulado "Jacinta canta en lingua galega" que foi publicado no 1967 por Edigsa EGCM2 - Galaxia.

Dança da Solidão

Día de soidades... non sei a causa...

18/05/12

O mes das flores

O día das Letras quedou atrás... Din que non tivo moita publicidade neste ano o homenaxeado, Valentín Paz Andrade. No autobús non regalaban nada, nin un poema. Foi unha mañá de actos e manifestacións e ofrendas. E unha tarde de descanso físico e reflexións. Debo atopar un traballo antes de que as reflexións invadan de todo a miña vida. Saudiños.

25/03/12

Domingo primaveral

E mira que onte parecía que se ía desprender a chover... o ceo estaba negro negro negrísimo, viña unha calor de treboada -desa de moscas con ás. Pero apurrou as nubes namais. Coma quen apurra un can manso.

Catro gotas que serviron para respirar o pó remexido do chan. U-lo arrecendo da terra mollada? Xa nin me acorda con esta seca, con este inverno-primavera atípicos.

As estacións xa non son o que eran, poida que sexan menos agora; poida que algunha marchase ou decidise ir de vacacións. Se cadra volve en xullo, ao revés da xente. Ben, o importante é que volva, que a botamos moito en falta aquí, entre o ceboliño esgorecido.

20/03/12

Que vai ser da miña vida [coma a de tant@s]

Levo unha ducia de días sen traballo remunerado... Que facer teño bastante, non penses, o caso é ter ghana. E a excusa do tempo xa non vale, por moito que pareza que os minutos teñen ás ou turbo ou teletransporte.

12/03/12

Fraseoloxía Visual




---------------------------------oooOOooo




Estas Fraseoloxías Visuais creounas o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.
Parabéns!

04/01/12

máis agasallos da miña amiga creativa

Comezo o ano artisticamente:
... en breve máis, pero non mellor, porque é imposible ;-)

30/12/11

Hai traballo para quen queira traballar... gratis

Estamos a 30 de decembro e hoxe estiven a recoller un pouco, a reciclar papeis escritos polas dúas caras e que xa non valían... para comezar o novo ano máis fresquiña con espazo e sen ácaros: a mesa parece outra... Teño moito mérito porque a "limpeza xeral" vai en contra da miña natureza: cústame un mundo decidir que conservar e nunca tiro nada, por se acaso...

Tiven un flashback e fun ata a Lisboa de hai cinco meses, cando ir ao médico non era tan caro en Portugal e cando aínda non se pagaba nas estradas que non fosen autoestradas... mais xa se comezaban a ver cousas así

perdendo Dereitos; gañando Deberes
Por suposto que o seguirei a gardar: para non esquecer, para escribirmos nós mesmas a Historia... e para que o paso do tempo non dilúa as verdades.







30/11/11

Unha muller sen home é coma un peixe sen bicicleta

Como disque dixo unha tal Margot Lang,
"Eine Frau ohne Mann ist wie ein Fisch ohne Fahrrad"

27/11/11

Ideal mártir

Okupas irmandiñas desamortizan propiedades bancarias
Miña casiña, meu lar
Fame e frío

01/10/11

O que vou facer vai ser... anotar catro cousas para a reflexión

1) Describía magnificamente Rivas o Reino da Sombra e non  llelo permitiríamos  se nos respectásemos
2) Non ten que dicir que non poder beber dunha fonte é un atraso! Vén a conto porque o outro día vin unha noticia que me desgustou... sei que coma en Vilagarcía está contaminada a auga en máis lugares... O país dos mil ríos acumulando ftalatos no mar... a onde todo vai parar.

3)Pregunta: por que visten as nenas de regalo...? Para que se vaian afacendo a estar nos brazos do outono de El Corte Inglés?
E daquela acórdame "a  dolorosa" [léase, se se quere, a 'adolescencia'] e as palabras máxicas para convencerme do propio dereito a ser cando, mesmo pola rúa, tropezaban comigo e semellaba que non era lexítimo que ocupase un lugar no mundo:
Sim-ple-men-te levanta os pés e anda... sim-ple-men-te levanta os pés e anda...!
E agora quero pensar: "muller coma un sol, cre que ti podes facer o que sexa!"
Dica entrementes

18/09/11

Hoxe atopei unha mensaxe nunha botella de viño ribeiro

O tapón estaba podre e fixo falta romper a botella, porque cun aramio non conseguiamos extraer o papel sen esnaquizalo. Por favor, naúfragas e náufragos do mundo, atade cun cordeliño as vosas mensaxes... para que collan polo ghorghoso do recipiente!!
Xa non houbo nada que facer por outra banda, porque foi escrita en 2005, se é que non mente... así que non hai ninguén a quen rescatar. Onde vai que se lle acabaron os víveres na Illa da Creba!!! O selo do cromo de Bob Esponxa estaba intacto.
Da Creba á Salina cinco anos son moitos anos de singradura;-)
P.D.: Dedicado a Álex Colón.

31/08/11

A quen se anime en setembro!

Antes de máis nada teño que dicir que ...estivo "pechado por vacacións"... e nin letreiro puxen! Pídolle desculpas a ese numeroso grupo de seareiras/os que se encontraron privadas/os da actualización permanente dos nosos Falares.
Agora que xa estou coa conciencia máis tranquila, cóntovos:
Vin este vídeo "surfeando" por outros blogs próximos e pareceume interesante reproducilo aquí tamén:


Para quen se anime!

08/07/11

unha tarde calquera, destas de ultimamente

Ti podes pensar que ninguén te mira, pero queres saber que sempre ha de haber alguén observándote? Se non fíxate e verás. Eu, onte, parei unha folga e mirei a todo o mundo.
Foi xoves e máis ca nunca non había por onde andar: era un viveiro de xente: bolsas por aquí e mais cara alá! Serían as 6 da tarde, hora punta nun día de xullo de rebaixas cando xa hai moscas e bichos molestos... e o Códice Calixtino que non aparece...
En fin, a estación en que, con todo, levo dous días tendo frío, dous días con estufa...

23/06/11

...sae a primavera e volve o verán...


Xa non son de agora mesmo, senón de cando estabamos en pleno mes de maio, o mes das flores.

05/06/11

Advertencia: o seguinte texto pode ferir sensibilidades.

Cago na pega rabilonga do carallo! Púxome o coche perdido.

18/05/11

Os xenéricos en monodoses de Singala.

Agardo que vos gusten. Velaquí un dos Xenéricos en Monodose de Singala que eu prefiro: o da Responsabilidade.

O outro Xenérico preferido é o da Lingua Minoritaria.

24/04/11

INDIGNACIÓN parte II e algunha razón para o OPTIMISMO

...NON OBSTANTE tamén... me falou dun lugar onde quizais con moita sorte conseguirían unha peza útil de entre chatarras...
[...] Foi unha pena, só traballan con Phillips-e-Sony. Isto evócame os miles de cargadores de móbil únicos e propios para cada modelo de cada marca de cada... ¡montes de lixo exclusivo! [fin da parte II]
... NON OBSTANTE...
... eu sigo a buscar o xeito de arranxar a miña cámara...
... porque sei que...
…MENTRES, HAI PROXECTOS coma o ‘En Transición’ da usc que busca reducir a pegada ecolóxica e a dependencia enerxética
...MENTRES, A MIÑA AMIGA ANA, CONSTRÚE ARTE ECOLÓXICA BASEADA NA FILOSOFÍA DA RECICLAXE...
1ºpaso

e logo:
UNHA BONITA E ÚTIL MESA.
... de maneira que ten que haber esperanza!

21/04/11

INDIGNACIÓN parte I

Teño unha kodak EasyShareCX7220 de 2.0 megapixels. No obxectivo di KODAK RETINAR All GlassLens 39mm-78mm (Equivalent) 2xOptical. É made in China for EASTMAN KODAK COMPANY Rochester, NY 14650. Xúntolle unha tarxeta “Secure Digital Card ‘take MS’”de 128 MB.
Logo de descubrir o concepto de “obsolescencia programada” nada é o mesmo: miro o mundo con outros ollos.
Alá polos anos 80 meu pai regalárame unha cámara (mecánica, claro) que me duraría uns 13 anos a pleno rendemento… ata o 2000 en que se derramou por se descargaren unhas pilas dentro e xa non tivo amaño.
Entón merquei a dixital, esa coa que introducín o que están a ler. A cámara non tería mal ningún se non fose pola laceniña das pilas; téñoa suxeita cun esparadrapo pero cada vez está máis rota e non hai onde a reparen.
E mira que parece un arranxiño de nada!
Nunha –en tempos– tenda de revelados que sobrevive no mesmo local reconvertida e readaptada ao futuro [o presente non existe: dis “presente” e xa pasou… o futuro, habémolo de ver aínda… se cadra] foi onde me deu o primeiro ataque de indignación.
A dependenta sorprendeuse cando a viu e riuse cando soubo que pretendía reparala porque a quería seguir utilizando. Díxome que estaba anticuada cos precursores 2.0 megapixels do pre-principio dos tempos da Era Dixital...
...mentres, “ás 16 horas e 50 minutos do martes 19 de abril, España entra en déficit ecolóxico"
... mentres, publicítase un macroarmatoste de consumismo no lugar onde ninguén é forasteiro mais onde si hai moita estranxeira en propia terra...
[fin da parte I]

28/03/11

é un misterio

Quizais os veciños crean que viven nun lugar tranquilo, pero eu sei que algo pasa...
O letreiro que a desloce, vai xa para un mes, di: “Pechado por motivos persoais. Desculpen as molestias”...
“Iso é coma pór ‘Pecho porque quero’”- pensei a primeira vez que o lin. Mais agora todo vai cadrando porque reparei en que hai aproximadamente ese mes que ninguén viu o vello. O mesmo tempo que hai que a panadeira non lles deixa o pan. De feito, dubido moito que alguén comese do pan da última canasta que pasou por alí. Sería un par de días antes da aparición do letreiro. Dentro había xente coa porta pechada. Petei para avisar de que o coche-limpa-rúas o ía pór pingando e o home que estaba dentro (que non era o vello) dixo que nada podía facer para abrir a porta- polo visto non tiña as chaves.
Agora vese entrar e saír dous individuos que andarán pola trintena ou algo máis. Nalgunha ocasión acompañados dunha muller xa de idade (da mesma idade do vello, diría eu). Sacan caixas de carne para unha furgoneta todos os días. Desde fóra, mirando por riba do letreiro, aínda se poden ver, ao fondo, os chourizos colgados e, en primeiro plano, os “Tropicales” a caducaren... por motivos persoais.

16/03/11

Ilha das Flores

Recentemente fixen un cursiño on-line de portugués e faláronnos da curta titulada a Ilha das Flores que, segundo se pode ler na Wikipedia, escribiuna e dirixiuna o cineasta Jorge Furtado en 1989.


Para lelo premer en texto

16/02/11

Porque cambio de odontólogo tantas veces

Á miña dentadura quérolle moito- teño que recoñecelo- só porque é a que teño... porque é a miña có do máis... Tamén non deixa de ser verdade que sempre me gustaron moito os chocolates e a miña dentina, polo visto, é máis ben mol. Puxeron en práctica os seus coñecementos moitos profesionais nesta boca: a última clínica dental á que fun evitou unha cirurxía cística e agradézolle de corazón o seu traballo. Porén a persoa que me atendeu daquela ou xa non traballa alí ou eu non sei que foi dela... E os de agora semella que sempre andan con présas (o tempo é ouro) para facer caixa.
Por mor disto e porque onde “bolseo” a empresa páganos un seguro médico (non así a Seguridade Social) que inclúe unha revisión e unha limpeza anual gratis aproveitei para cambiar de dentista. Xente coñecida recomendoume a estomatóloga á que vou agora. De momento gústame porque é moi amable, ten tempo para che explicar o que che vai facer en cada momento e só intervén cando é estritamente necesario: non fura por furar vaia! O peor é o prezo... aínda bo é que só tiven un empaste.

04/02/11

Contra o cancro

E directamente relacionado co vídeo que acabo de pór están as enfermidades coma esta. Velaí vai unha páxina sobre a loita contra o cancro.
Saúde!

O lixo e o ecosistema

Gustoume moito este vídeo porque fala da "riqueza" mal entendida duns poucos e da pobreza de moita xente. Do mal repartido que está o mundo. Da vertixe alienante do ritmo de vida nos países desenvolvidos e/ou en desenvolvemento...

01/02/11

anuncio

Individuo hipersensible e sen empatía busca persoas para amizade.

28/01/11

En máis dun parágrafo, “Parrafada” gastronómica (aínda que no volG veña “Parrafeo”)

- Non podo máis… é que saber sabe ás pedras…pero non podo máis, de verdade. Non podo e acabouse.
- Non podo máis, non podo máis. Non podo máis voucho dar eu a ti! Que comes máis cos ollos que coa boca!
- Eu creo que xa vou ben acomerada, en serio. Despois resulta que temos os colesteroles altos e a médica de cabeceira ponnos a réxime… que tamén…debe ter o demo no corpo. E loh, non queres saber que trata a todo o mundo de obeso? Logo, logo, viches cousa ao paso? Esa, dígoche eu, que non é ben dada… ou nos quere a todos anoréxicos. Nin tanto nin tan pouco!
- Iso, ti cámbiame de tema…

27/01/11

Clásicos

- Hoxe recordei de madrugada coa mesma música na cabeza, seguido, seguido…coma se dun bucle se tratase.
- “Don Quijote de la Mancha come un huevo” …
Acórdaste? Mira a ver como é que segue


- “Don Quijote de la Mancha come un huevo y no se mancha; come dos y se escarrancha!” A min pásanseme as cousas pero de todo aínda non me esquezo.



- Ai si! Era así. Se non me fas o acordo sigo todo o día coa música esa!

26/01/11

die Teilnehmerin

Un día ela cabreouse moito. Era a única con vontade de botar unha man para pintar unha cancela e o que pasou foi que alguén pintar pintou... pero o canelo: emais ben pintado!! O tío dixéralle que se tiña que pararse con ela para lle ensinar era perder o tempo; que era mellor facelo ca mandalo!

E así é que TOOOODO o ten que facer el. Como non o ha de ter que facer- pregúntase ela- se o tal individuo non é quen de delegar tarefas? E este non se decatou de que mentres el estaba taaaan ocupaaado e rumiando que só un traballa, que os irmáns da rapaza (que eran os que el buscaba) estaban nomais que ás súas... a única voluntaria estaba ociosa... cando podería estar axudando.

A educación colaborativa de cooperación e traballo en grupo é, polo visto, algo máis recente... e o machismo aínda hoxe segue campando ás súas anchas.

12/01/11

Gripe

Dende o día 5 estou coa gripe ou catarro ou o que sexa. Hoxe, imprudentemente, volvín ao "traballo" (léase "bolsa") e creo que me entrou frío dentro do peito... Ai! que maliña estou e que pouco me queixo.

04/01/11

Diluvio

Ao diluvio foille indiferente o eclipse parcial de sol deste día... nestas latitudes.

03/01/11

tres "perdudas"

primeira: toldado coma o meu optimismo está o ceo.

segunda: non son impermeable: o frío acálame ós ósos.

terceira: hoxe pola rúa entre a chuvia recoñecín, tras as barbas brancas camuflado, Carlos Blanco. A punto de pedirlle "un autógrafo, por favor, no día 3 da miña Axenda do Desenvolvemento 2011" .

19/12/10

Feliz Nadal

http://www.coordinadoraendl.org/nadal2010/recursos/index.php
Felices Festas: a coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística fai un gran labor pola nosa identidade.

15/12/10

Para a semana xa é Nadal

Este ano o Nadal non me di nada... simplemente son unhas vacacións máis. Non penso caer no consumismo nin deixarme cegar polas luces desorientadoras que nos distraen da realidade. Non penso escoitar sobredoses de vilancicos e, por último, desviarei a mirada dos balcóns "ghapeados" por bonecos colorados.

28/11/10

Ráscame a gorxa

O fresco polar quéreme cobrar factura... claro, o sol xa ten dona... Intuía eu que non quentaba igual para todos...
Saúdos

23/11/10

Odontóloga

Xa estamos a 23 de novembro e o obxectivo do pasado Aninovo de facer moito deporte está sen cumprir (nin se achega ao 20% de cumprimento... nin moito deporte nin pouco). Acordeime porque hoxe a odontóloga díxome que tiña que liberar estrés co exercicio físico por libre por lecer, isto é, sen competición de ningún tipo.

15/11/10

ich bin sehr müde

Pois iso, a falta de luz nesta época do ano fai que as costas me pesen e todo se me faga cOSTAarRIBa...
Aí vai un minitautograma con m:
medios merman mentes, mantéñense moitas menos multiperspectivas: mulleres modelos moven miradas, miden milímetros, morren...(medran macabros mausoleos marmóreos...Mentres, mercados manexan moedas: márketing, moda) 

Por agora nomais.

Recitemos e cantemos

Literatura popular infantil

21/10/10

Annett Louisan

Ola, quería subir unha imaxe... pero isto cambiou un pouco

Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo
Presenta:
Anxo Louzao [Secretario nacional da CIG-Ensino]
Intervirán:
Francisco Pillado [Director da editorial Laiovento]
Héctor Castro [Avogado, gabinete xurídico da CIG]
Dalila Dopazo [Xuíza de Santa Coloma de Gramanet]
Luís Villares [Xuíz de Primeira Instancia da Fonsagrada]
Venres, 22 de outubro, ás 19:30
Centro socio-cultural de Fontiñas [Rúa Berlín, nº 13]
Santiago de Compostela

12/10/10

por fin de volta

Resulta que perdera o contrasinal... e, por fin, despois de varios meses ocórreseme solventar o inconveniente.
Así que "ola de novo" a quen me lea-escoite.

19/05/10

19 de maio. O tempo voa


Logo de 5 días de relax, volta á rutina. Non foi, así a todo, tan duro como esperaba... O xoves 13 fomos a Marcelle e vimos uns animaliños ben simpáticos

26/04/10

Esta non é unha "Boa Nova"...

Ás veces descoido o blog... Por unha banda, vexo que non é moi interactivo e, por outra, non escribo coa frecuencia que quixese. Verdadeiramente estou afeita a ver o cativo antes có bo. Cústame ver o lado feliz do mundo. Nada, coido que debo insistir no tema do optimismo.

Un saúdo

21/04/10

Declaracións de Amor

Por se queredes participar aquí vos deixo a ligazón de LinguadeAmor

Para aprendermos linguas

EuroCom: Un camiño cara ao plurilingüismo en Europa

31/03/10

Proxecto Galauda

Aquí vai un vídeo!

Proxecto Galauda (curso 2009-2010) www.proxectogalauda.net from Proxecto Galauda on Vimeo.

Opinión

Hoxe no Xornal de Galicia hai un artigo de María Reimóndez que me gusta moito.

24/03/10

En galego canta Joan Baez

O venres 5 de marzo de 2010 a dita cantautora, no Centro Cultural Caixanova de Vigo, canta marabillosamente na nosa lingua.

14/03/10

Que aí me gustou!!

Asistín esta "finde" ás VIII Xornadas da Muller "Os tempos das mulleres"... e só quería dicir que que aí me gustou "Moita poesía, pouca diversión" de María Lado e Lucía Aldao.

08/03/10

Felicidades a todas as mulleres

Xa sei que é noite pecha... pero o sol ha alumear cada mañá
Unha aperta a todas!!

04/03/10

Orgullosos de ser galegos


A verdade é que isto está moi ben e apláudoo...ILUSIONEIME moito cando vin a publicidade nun xornal pero teño que dicir que levei un GRAN CHASCO cando entrei na súa páxina e comprobei o uso da lingua que fan no web.

23/02/10

Se unha se descoida... pasan os días

Quero agradecer as suxestións que me apuntou un amigo para mellorar este blog. A ver se consigo máis imaxes para intercalar co texto loh. Pódese escoitar Nao há dinheiro, de Quadrilha se premes no título da canción. Así mesmo é posible tamén gozar da Quenlla co Canto de Cego a Federico García Lorca. .

17/02/10

15/02/10

Vídeos en Vigo, no Calvario

Convers-ando Vigo from Convers-ando on Vimeo. Outros exemplos podédelos encontrar tamén aquí.

08/02/10

Madrugo hoxe neste blog

É que me acaban de mandar un enlace moi significativo: un resumo das 55 mentiras...

07/02/10

Ola a todas e todos!! Hoxe quero deixar constancia da iniciativa de Trabivus Noroeste, iniciativa que nos recorda a aqueloutra que puxera en marcha Castromil xa hai uns anos coa colección Contos do Castromil. Quería tamén ensinarvos columnas e cartas que saen nos medios en defensa do galego: así, podedes ver as columnas que escribe Marga Romero n'A Nosa Terra ou esta de Marilar Aleixandre en El País;
A carta do 25 de xaneiro de V.Gulías en La Opinión;
A do 5 de febreiro de Matías Escalera Cordero en Crónica3.com

02/02/10

O blog de arremecághona

Ioga hoxe sentoume moi ben; boa falta me facía...Cambiando de tema, hoxe encontrei o blog punk que vos achego. Esta é a ligazón do blog do Leo i arremecághona

31/01/10

Velaquí vos deixo unhas fotos "preciosísimas" do meu amor...

27/01/10

Para ver pelis

Ligazón para quen se queira facer seareira/o do cineclube do noso audiovisual... Pincha aquí: Flocos.Tv
E, como non! Tamén podedes acceder ao primeiro Ben Falado ; para seleccionardes outros capítulos do "Ben Falado" premede AQUÍ

Ligazóns que non hai que esquecer

Actividades do Convers-ando

A colaborar todo o mundo no Eu Falo Tv!!!

26/01/10

A Verónica gústalle o meu blog!!!

Non está ben que o diga eu... mais fíxome moita "ilu" :-)
Hoxe había 3 anos que non vía a Rosa... e quedamos para tomar un café; estudei algo de vocabulario de alemán e, coma sempre, falei con Roberto.

Aí vai o bonito do día.

25/01/10

Antes aínda das Boas Noites

Quería pór un enlace ao Ecolingua 2009. Esta intervención en concreto chámase "Lingua e Sociedade Civil". Agardo que vos guste.

O bo de hoxe

Encontramos compañeira de piso!!!!
E ademais entendín algo na clase de alemán.
Como é un blog de cousas positivas excuso falar do non tan bo.

boas noites seareiras/os