24/04/13
04/04/13
27/03/13
E mira que me atrae a astrofísica, o espazo-tempo e a teoría de cordas!
Onte á noite vin Redes… e non me gustou nada.
Por que van buscar expertos (con -o) a Oxford habéndoos/as máis preto?
Por que non me deixan escoitar a propia voz do tal Pedro Ferreira ao que entrevistan? -aínda que se chame Ferreira e porén fale en inglés...
Estes programas tiñan que darnos a oportunidade de accedermos á voz orixinal... sen outras voces tradutoras que a tapen. Se queren, que poñan subtítulos!
24/03/13
19/03/13
Quérennos na casa...
Economía mergullada e invisibilizada. Gústame como o explica a economista Astrid Agenjo Calderón.
Por outra banda, indo pola rúa vin este póster:
debaixo poñía www.pce.es e www.juventudes.org
debaixo poñía www.pce.es e www.juventudes.org
17/02/13
xana
04/02/13
31/01/13
Sons indescifrabéis
O son tiña que vir do 3º ou do 4º ... semellaba que deixaba de chorar ao lle meter a teta na boca.
Non podía ser gato. Xxxxüiüii! de escoitaren unha nana sería a proba irrefutábel...
29/01/13
09/01/13
Insomnio
29.12.2012
Normalmente durmo moi ben... mais hoxe estou esperta desde as tres da mañá. Hora indeterminada –por non mirar o reloxo– da alborada; serán as seis.
Estaba desvelada e entretívenme a debuxar... porque ás veces figúranseme imaxes nas cousas: como as fadas nas follas da laranxeira que se ven a través da xanela coas contras abertas antes de quedar a durmir.
Púxenme a descubrir un escribán na bolsa do Ikea de enriba do roupeiro. Tamén está o pantalón do andel dos libros coa forma de debuxo animado tipo Barrio Sésamo. E, para rematar, o golfiño de entre as engurras dunha toalla pousada no chan para lavar.
Pois púxenme a debuxar coma quen pinta a forma das nubes... e cheguei á conclusión de que necesito unhas cantas clases porque o golfiño semella un paxaro e as tres tentativas tornáronse en 3 escribáns diferentes. O debuxo animado xa nin o intentei, pois non o acabo de perfilar ben no maxín.
De sempre, as pedras da paisaxe amósanme figuras (de se levantar o xigante da Silvosa alá iría o monte enteiro).

28/10/12
O que puido ter chovido...
Puf! Como pasa o tempo de rápido: son unha persoa enleada non sei con que cousas; en cada silva do camiño préndome [na urbe ten sentido metafórico: outro xeito de entendelo non sería posible].
Hai xente que di "que vella/o vou"... "e que pouco me queixo" -engade algunha.
Pola contra, eu son pouco consciente da miña idade, vivo cansa nunha xuventude permanente por imperativo dos tempos grazas
á inestabilidade laboral e económica; á deslocalización humana que carga caracolescamente coa-casa-ao-lombo-en-mudanzas-imposibles
E así é que, a cada paso, proliferan lombos chepudos de olladas que tocan o chan e mancan os cotelos coa grava dos camiños.
Hoxe a vida é unha adaptación constante... e, porén, todo semella estanco para non mudar.
Cada vez máis xente pasa frío á intemperie dos caixeiros mentres a dereita gaña as eleccións.
02/08/12
Canículas de agosto e Xogos Olímpicos 2012
O desarranxo intestinal terá que ver cos cambios de temperatura destes días, supoño. Aínda que non teña nada de interesante, díxeno igualmente.
Cambiando de asunto, o outro día vin a inauguración dos Xogos Olímpicos 2012 no salón coa miña avoa; ela dicíame "hai tantas cabezas coma areas no areal" e tiña razón. Tamén comentou que había "máis homes ca mulleres" e que "cada país tiña seu traxe" e como farían para, entre tanta xente como alí había, non repetir modelo.
06/07/12
O Paro
Hoxe o meu amigo Braulio comentoume, coma sempre, algo interesante:
"O paro, sabes a quen beneficia? Beneficia ao CAPITAL. Por que? Porque a xente traballa máis horas por menos diñeiro por medo ao despedimento."
Tamén me comentou que a principios do XX se reducira a xornada laboral en todos os lugares a 40 horas semanais, pero que chegou un momento que o tal CAPITAL dixo "Ata aquí" e entón agora volve falarse de máis horas e de xubilacións a idades maiores (mentres o paro xuvenil aumenta)e neste punto da historia xa me perdo e nada me ten sentido.
10/06/12
Sigo coas músicas
Estamos a 40 de maio e pasei frío estes días: hoxe tamén. Tiven a crise dunha indecisión no "ecuador da vida"... Se lese a letra pequena evitaba algunhas bagullas e o contaxio desa tristura a unha das persoas que máis quero: grazas polo teu apoio, o teu ombreiro e os abrazos que me dás.
Unha tal Jacinta gravou en Cataluña o EP titulado "Jacinta canta en lingua galega" que foi publicado no 1967 por Edigsa EGCM2 - Galaxia.
Subscrever:
Mensagens (Atom)