02/02/10

O blog de arremecághona

Ioga hoxe sentoume moi ben; boa falta me facía...Cambiando de tema, hoxe encontrei o blog punk que vos achego. Esta é a ligazón do blog do Leo i arremecághona

31/01/10

Velaquí vos deixo unhas fotos "preciosísimas" do meu amor...

27/01/10

Para ver pelis

Ligazón para quen se queira facer seareira/o do cineclube do noso audiovisual... Pincha aquí: Flocos.Tv
E, como non! Tamén podedes acceder ao primeiro Ben Falado ; para seleccionardes outros capítulos do "Ben Falado" premede AQUÍ

Ligazóns que non hai que esquecer

Actividades do Convers-ando

A colaborar todo o mundo no Eu Falo Tv!!!

26/01/10

A Verónica gústalle o meu blog!!!

Non está ben que o diga eu... mais fíxome moita "ilu" :-)
Hoxe había 3 anos que non vía a Rosa... e quedamos para tomar un café; estudei algo de vocabulario de alemán e, coma sempre, falei con Roberto.

Aí vai o bonito do día.

25/01/10

Antes aínda das Boas Noites

Quería pór un enlace ao Ecolingua 2009. Esta intervención en concreto chámase "Lingua e Sociedade Civil". Agardo que vos guste.

O bo de hoxe

Encontramos compañeira de piso!!!!
E ademais entendín algo na clase de alemán.
Como é un blog de cousas positivas excuso falar do non tan bo.

boas noites seareiras/os

22/01/10

O bo do xoves 21 foi a manifestación en Santiago


Oi... pero aínda teño que facer unha práctica para o cursiño da CigRede.
A que é chula a foto de "Norge"!! Ben, por hoxe xa chega. Vou durmir... Boa noite.

19/01/10

Xa sei que ten fallos así e todo

Si, tenos... Porque non me acaba de convencer a cabeceira... A foto está esquinada de máis; gustaríame que a descrición non estivese por riba da foto, senón por riba do fondo verde do lado da mesma... non sei se me explico...
:-))

O meu primeiro blog

Ola a todas e todos.
Que cousa boa me pasou hoxe? Pois velaquí está: a creación do meu primeiro blog!!!