24/04/13

A bisavoa

O meu soño é vender móbiles. Sempre quixen traballar para Vodafone, xa dende pequeniña. É vocacional, sempre o souben.

17 de maio

Galiza, ho, esperta!: déixate guiar pola lúa, compañeira do sol– que quence a terra...

27/03/13

E mira que me atrae a astrofísica, o espazo-tempo e a teoría de cordas!

Onte á noite vin Redes… e non me gustou nada. Por que van buscar expertos (con -o) a Oxford habéndoos/as máis preto? Por que non me deixan escoitar a propia voz do tal Pedro Ferreira ao que entrevistan? -aínda que se chame Ferreira e porén fale en inglés... Estes programas tiñan que darnos a oportunidade de accedermos á voz orixinal... sen outras voces tradutoras que a tapen. Se queren, que poñan subtítulos!

19/03/13

Quérennos na casa...

Economía mergullada e invisibilizada. Gústame como o explica a economista Astrid Agenjo Calderón. Por outra banda, indo pola rúa vin este póster: debaixo poñía www.pce.es e www.juventudes.org

17/02/13

xana

Xana ou Fada coa que me encontrei esta "finde" de paseo polo monte. Para non vela só eu, no cadriño da dereita remarqueille a figura...

04/02/13

Revolución

Imaxe plurisignificativa

Contra a violencia machista e a prol do amor

31/01/13

Discreción

Non fora quen de lle pór cara...
Schüchternheit... vielleicht

Sons indescifrabéis

O son tiña que vir do 3º ou do 4º ... semellaba que deixaba de chorar ao lle meter a teta na boca. Non podía ser gato. Xxxxüiüii! de escoitaren unha nana sería a proba irrefutábel...

29/01/13

Buxo

É un buxo BUXUS SEMPERVIRENS

09/01/13

Insomnio

29.12.2012
Normalmente durmo moi ben... mais hoxe estou esperta desde as tres da mañá. Hora indeterminada –por non mirar o reloxo– da alborada; serán as seis.

Estaba desvelada e entretívenme a debuxar... porque ás veces figúranseme imaxes nas cousas: como as fadas nas follas da laranxeira que se ven a través da xanela coas contras abertas antes de quedar a durmir.
Púxenme a descubrir un escribán na bolsa do Ikea de enriba do roupeiro. Tamén está o pantalón do andel dos libros coa forma de debuxo animado tipo Barrio Sésamo. E, para rematar, o golfiño de entre as engurras dunha toalla pousada no chan para lavar.

Pois púxenme a debuxar coma quen pinta a forma das nubes... e cheguei á conclusión de que necesito unhas cantas clases porque o golfiño semella un paxaro e as tres tentativas tornáronse en 3 escribáns diferentes.
O debuxo animado xa nin o intentei, pois non o acabo de perfilar ben no maxín.
De sempre, as pedras da paisaxe amósanme figuras (de se levantar o xigante da Silvosa alá iría o monte enteiro).

28/10/12

Política e Felicidade

O que puido ter chovido...

Puf! Como pasa o tempo de rápido: son unha persoa enleada non sei con que cousas; en cada silva do camiño préndome [na urbe ten sentido metafórico: outro xeito de entendelo non sería posible]. Hai xente que di "que vella/o vou"... "e que pouco me queixo" -engade algunha. Pola contra, eu son pouco consciente da miña idade, vivo cansa nunha xuventude permanente por imperativo dos tempos grazas á inestabilidade laboral e económica; á deslocalización humana que carga caracolescamente coa-casa-ao-lombo-en-mudanzas-imposibles E así é que, a cada paso, proliferan lombos chepudos de olladas que tocan o chan e mancan os cotelos coa grava dos camiños. Hoxe a vida é unha adaptación constante... e, porén, todo semella estanco para non mudar. Cada vez máis xente pasa frío á intemperie dos caixeiros mentres a dereita gaña as eleccións.

02/08/12

Canículas de agosto e Xogos Olímpicos 2012

O desarranxo intestinal terá que ver cos cambios de temperatura destes días, supoño. Aínda que non teña nada de interesante, díxeno igualmente. Cambiando de asunto, o outro día vin a inauguración dos Xogos Olímpicos 2012 no salón coa miña avoa; ela dicíame "hai tantas cabezas coma areas no areal" e tiña razón. Tamén comentou que había "máis homes ca mulleres" e que "cada país tiña seu traxe" e como farían para, entre tanta xente como alí había, non repetir modelo.

06/07/12

O Paro

Hoxe o meu amigo Braulio comentoume, coma sempre, algo interesante: "O paro, sabes a quen beneficia? Beneficia ao CAPITAL. Por que? Porque a xente traballa máis horas por menos diñeiro por medo ao despedimento." Tamén me comentou que a principios do XX se reducira a xornada laboral en todos os lugares a 40 horas semanais, pero que chegou un momento que o tal CAPITAL dixo "Ata aquí" e entón agora volve falarse de máis horas e de xubilacións a idades maiores (mentres o paro xuvenil aumenta)e neste punto da historia xa me perdo e nada me ten sentido.

10/06/12

Sigo coas músicas

Estamos a 40 de maio e pasei frío estes días: hoxe tamén. Tiven a crise dunha indecisión no "ecuador da vida"... Se lese a letra pequena evitaba algunhas bagullas e o contaxio desa tristura a unha das persoas que máis quero: grazas polo teu apoio, o teu ombreiro e os abrazos que me dás. Unha tal Jacinta gravou en Cataluña o EP titulado "Jacinta canta en lingua galega" que foi publicado no 1967 por Edigsa EGCM2 - Galaxia.