09/05/16

Reencontrándomonos

Canto tempo pasou desde a última quedada? Quizais as células xa non son as mesmas que as que había daquela... Algo de min permanece porén. Ímola virando.

14/02/14

Vese?

20/01/14

Grazas!

Ich liebe dich!

11/01/14

No polo equivocado

Quero saír fóra e ver luz. Aquí dentro só hai tebras no escuro onde quedan pensamentos ensilvados e feridas de espiñas e falta de aire limpo e de entusiasmo. O meu ánimo tan arriba o mércores, hoxe procuro non pisalo, a ras de chan.

17/10/13

Á procura dun traballo


Cando es unha persoa descoñecida nun lugar novo, éche moi complicado encontrar traballo... aínda sendo "do que sexa"...

05/09/13

Xeroglífico. Mando a distancia [=pista]

Onde é que sentou el onte?

Onde é que sentou ela hoxe?


SOLUCIÓN



15/07/13

Olla Noreña

Estamos a 15 de xullo: nin conta atrás constante nin fuxida cara a adiante. Vive o presente do aquí e agora. Mira a través dos teus propios ollos sempre que poidas. Recorda: o sorriso é de balde.