10/06/12
Sigo coas músicas
Estamos a 40 de maio e pasei frío estes días: hoxe tamén. Tiven a crise dunha indecisión no "ecuador da vida"... Se lese a letra pequena evitaba algunhas bagullas e o contaxio desa tristura a unha das persoas que máis quero: grazas polo teu apoio, o teu ombreiro e os abrazos que me dás.
Unha tal Jacinta gravou en Cataluña o EP titulado "Jacinta canta en lingua galega" que foi publicado no 1967 por Edigsa EGCM2 - Galaxia.
18/05/12
O mes das flores
O día das Letras quedou atrás... Din que non tivo moita publicidade neste ano o homenaxeado, Valentín Paz Andrade. No autobús non regalaban nada, nin un poema. Foi unha mañá de actos e manifestacións e ofrendas. E unha tarde de descanso físico e reflexións. Debo atopar un traballo antes de que as reflexións invadan de todo a miña vida.
Saudiños.
25/03/12
Domingo primaveral
E mira que onte parecía que se ía desprender a chover... o ceo estaba negro negro negrísimo, viña unha calor de treboada -desa de moscas con ás. Pero apurrou as nubes namais. Coma quen apurra un can manso.
Catro gotas que serviron para respirar o pó remexido do chan. U-lo arrecendo da terra mollada? Xa nin me acorda con esta seca, con este inverno-primavera atípicos.
As estacións xa non son o que eran, poida que sexan menos agora; poida que algunha marchase ou decidise ir de vacacións. Se cadra volve en xullo, ao revés da xente. Ben, o importante é que volva, que a botamos moito en falta aquí, entre o ceboliño esgorecido.

20/03/12
Que vai ser da miña vida [coma a de tant@s]
Levo unha ducia de días sen traballo remunerado... Que facer teño bastante, non penses, o caso é ter ghana. E a excusa do tempo xa non vale, por moito que pareza que os minutos teñen ás ou turbo ou teletransporte.
12/03/12
Fraseoloxía Visual
---------------------------------oooOOooo
Estas Fraseoloxías Visuais creounas o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.
Parabéns!
30/12/11
Hai traballo para quen queira traballar... gratis
Estamos a 30 de decembro e hoxe estiven a recoller un pouco, a reciclar papeis escritos polas dúas caras e que xa non valían... para comezar o novo ano máis fresquiña con espazo e sen ácaros: a mesa parece outra... Teño moito mérito porque a "limpeza xeral" vai en contra da miña natureza: cústame un mundo decidir que conservar e nunca tiro nada, por se acaso...
Tiven un flashback e fun ata a Lisboa de hai cinco meses, cando ir ao médico non era tan caro en Portugal e cando aínda non se pagaba nas estradas que non fosen autoestradas... mais xa se comezaban a ver cousas así

Por suposto que o seguirei a gardar: para non esquecer, para escribirmos nós mesmas a Historia... e para que o paso do tempo non dilúa as verdades. | |||
30/11/11
Unha muller sen home é coma un peixe sen bicicleta
Como disque dixo unha tal Margot Lang,
"Eine Frau ohne Mann ist wie ein Fisch ohne Fahrrad"

27/11/11
01/10/11
O que vou facer vai ser... anotar catro cousas para a reflexión
1) Describía magnificamente Rivas o Reino da Sombra e non llelo permitiríamos se nos respectásemos
2) Non ten que dicir que non poder beber dunha fonte é un atraso! Vén a conto porque o outro día vin unha noticia que me desgustou... sei que coma en Vilagarcía está contaminada a auga en máis lugares... O país dos mil ríos acumulando ftalatos no mar... a onde todo vai parar.
3)Pregunta: por que visten as nenas de regalo...? Para que se vaian afacendo a estar nos brazos do outono de El Corte Inglés?
E daquela acórdame "a dolorosa" [léase, se se quere, a 'adolescencia'] e as palabras máxicas para convencerme do propio dereito a ser cando, mesmo pola rúa, tropezaban comigo e semellaba que non era lexítimo que ocupase un lugar no mundo:
Sim-ple-men-te levanta os pés e anda... sim-ple-men-te levanta os pés e anda...!
E agora quero pensar: "muller coma un sol, cre que ti podes facer o que sexa!"
Dica entrementes

18/09/11
Hoxe atopei unha mensaxe nunha botella de viño ribeiro
O tapón estaba podre e fixo falta romper a botella, porque cun aramio non conseguiamos extraer o papel sen esnaquizalo. Por favor, naúfragas e náufragos do mundo, atade cun cordeliño as vosas mensaxes... para que collan polo ghorghoso do recipiente!!
Xa non houbo nada que facer por outra banda, porque foi escrita en 2005, se é que non mente... así que non hai ninguén a quen rescatar. Onde vai que se lle acabaron os víveres na Illa da Creba!!! O selo do cromo de Bob Esponxa estaba intacto.
Da Creba á Salina cinco anos son moitos anos de singradura;-)
P.D.: Dedicado a Álex Colón.

31/08/11
A quen se anime en setembro!
Antes de máis nada teño que dicir que ...estivo "pechado por vacacións"... e nin letreiro puxen! Pídolle desculpas a ese numeroso grupo de seareiras/os que se encontraron privadas/os da actualización permanente dos nosos Falares.
Agora que xa estou coa conciencia máis tranquila, cóntovos:
Vin este vídeo "surfeando" por outros blogs próximos e pareceume interesante reproducilo aquí tamén:
Para quen se anime!

08/07/11
unha tarde calquera, destas de ultimamente
Ti podes pensar que ninguén te mira, pero queres saber que sempre ha de haber alguén observándote? Se non fíxate e verás. Eu, onte, parei unha folga e mirei a todo o mundo.
Foi xoves e máis ca nunca non había por onde andar: era un viveiro de xente: bolsas por aquí e mais cara alá! Serían as 6 da tarde, hora punta nun día de xullo de rebaixas cando xa hai moscas e bichos molestos... e o Códice Calixtino que non aparece...
En fin, a estación en que, con todo, levo dous días tendo frío, dous días con estufa...

05/06/11
Advertencia: o seguinte texto pode ferir sensibilidades.
Cago na pega rabilonga do carallo! Púxome o coche perdido.
18/05/11
Os xenéricos en monodoses de Singala.
Agardo que vos gusten. Velaquí un dos Xenéricos en Monodose de Singala que eu prefiro: o da Responsabilidade.
O outro Xenérico preferido é o da Lingua Minoritaria.

24/04/11
INDIGNACIÓN parte II e algunha razón para o OPTIMISMO
...NON OBSTANTE tamén... me falou dun lugar onde quizais con moita sorte conseguirían unha peza útil de entre chatarras...
[...] Foi unha pena, só traballan con Phillips-e-Sony. Isto evócame os miles de cargadores de móbil únicos e propios para cada modelo de cada marca de cada... ¡montes de lixo exclusivo! [fin da parte II]
... NON OBSTANTE...
... eu sigo a buscar o xeito de arranxar a miña cámara...
... porque sei que...
…MENTRES, HAI PROXECTOS coma o ‘En Transición’ da usc que busca reducir a pegada ecolóxica e a dependencia enerxética
...MENTRES, A MIÑA AMIGA ANA, CONSTRÚE ARTE ECOLÓXICA BASEADA NA FILOSOFÍA DA RECICLAXE...
1ºpaso
e logo:UNHA BONITA E ÚTIL MESA.
... de maneira que ten que haber esperanza!

21/04/11
INDIGNACIÓN parte I
Teño unha kodak EasyShareCX7220 de 2.0 megapixels. No obxectivo di KODAK RETINAR All GlassLens 39mm-78mm (Equivalent) 2xOptical. É made in China for EASTMAN KODAK COMPANY Rochester, NY 14650. Xúntolle unha tarxeta “Secure Digital Card ‘take MS’”de 128 MB.
Logo de descubrir o concepto de “obsolescencia programada” nada é o mesmo: miro o mundo con outros ollos.
Alá polos anos 80 meu pai regalárame unha cámara (mecánica, claro) que me duraría uns 13 anos a pleno rendemento… ata o 2000 en que se derramou por se descargaren unhas pilas dentro e xa non tivo amaño.
Entón merquei a dixital, esa coa que introducín o que están a ler. A cámara non tería mal ningún se non fose pola laceniña das pilas; téñoa suxeita cun esparadrapo pero cada vez está máis rota e non hai onde a reparen.E mira que parece un arranxiño de nada!
Nunha –en tempos– tenda de revelados que sobrevive no mesmo local reconvertida e readaptada ao futuro [o presente non existe: dis “presente” e xa pasou… o futuro, habémolo de ver aínda… se cadra] foi onde me deu o primeiro ataque de indignación.
A dependenta sorprendeuse cando a viu e riuse cando soubo que pretendía reparala porque a quería seguir utilizando. Díxome que estaba anticuada cos precursores 2.0 megapixels do pre-principio dos tempos da Era Dixital......mentres, “ás 16 horas e 50 minutos do martes 19 de abril, España entra en déficit ecolóxico"
... mentres, publicítase un macroarmatoste de consumismo no lugar onde ninguén é forasteiro mais onde si hai moita estranxeira en propia terra...
[fin da parte I]

28/03/11
é un misterio
Quizais os veciños crean que viven nun lugar tranquilo, pero eu sei que algo pasa...
O letreiro que a desloce, vai xa para un mes, di: “Pechado por motivos persoais. Desculpen as molestias”...
“Iso é coma pór ‘Pecho porque quero’”- pensei a primeira vez que o lin. Mais agora todo vai cadrando porque reparei en que hai aproximadamente ese mes que ninguén viu o vello. O mesmo tempo que hai que a panadeira non lles deixa o pan. De feito, dubido moito que alguén comese do pan da última canasta que pasou por alí. Sería un par de días antes da aparición do letreiro. Dentro había xente coa porta pechada. Petei para avisar de que o coche-limpa-rúas o ía pór pingando e o home que estaba dentro (que non era o vello) dixo que nada podía facer para abrir a porta- polo visto non tiña as chaves.
Agora vese entrar e saír dous individuos que andarán pola trintena ou algo máis. Nalgunha ocasión acompañados dunha muller xa de idade (da mesma idade do vello, diría eu). Sacan caixas de carne para unha furgoneta todos os días. Desde fóra, mirando por riba do letreiro, aínda se poden ver, ao fondo, os chourizos colgados e, en primeiro plano, os “Tropicales” a caducaren... por motivos persoais.

Subscrever:
Mensagens (Atom)